Descrición: O principal obxectivo do obradoiro de guión, destinado a guionistas con e sen experiencia, é aprender unha metodoloxía e o manexo dunhas ferramentas creativas adecuadas que permitan abreviar e facilitar a escrita de guións paso a paso. Traballaremos na creación e xeración de ideas e no desenvolvemento das mesmas, dende o xerme inicial ata o guión audiovisual final, incluíndo a redacción dunhas correctas síntese, sinopse de traballo, escaleta, tratamento, redacción final do guión, coas súas reescrituras, así como a súa axeitada presentación para a súa venda e comercialización.
Temas: CREACIÓN E XERACIÓN IDEAS, POSICIONAMENTO E DOCUMENTACIÓN SÍNTESE E SINOPSE AUDIOVISUAL A ESTRUCTURA: COLUMNA VERTEBRAL DO GUIÓN A ESCALETA E O TRATAMENTO OS PERSONAXES E OS DIÁLOGOS O GUION FINAL E A SÚAS REESCRITURAS
Outras informacións: Duración 3 meses Pago mes a mes 55€/mes Pago único curso completo 140€