Información do curso "Introdución á escrita creativa para mozos e mozas"
Descrición: Se es un lector ou lectora habitual, este obradoiro é a evolución natural para construír os teus mundos propios no canto de viaxar polos dos máis. Ao longo dos dous meses de verán, a escritora Antía Yáñez achegará á mocidade as pautas principais para comezar a viaxar pola senda da escrita con exercicios dinámicos e divertidos. Participante habitual de certames literarios, ela comezou a escribir e a gañar os seus primeiros premios na adolescencia. Agora tócache a ti.
Obxectivos: - Mellora da expresión a través dunha relación lúdica e experimental coa linguaxe, perfeccionando competencias lingüísticas como a coherencia e a cohesión dun texto. -Desenvolver as competencias artísticas e culturais, favorecendo a imaxinación e a creatividade. -Ordenar pensamentos, estruturalos e darlles forma antes de plasmalos no papel. -Desenvolvemento da empatía, ao obrigar aos asistentes a poñerse na pel dos diferentes personaxes aos que dará vida. -Coñecer e comprender a estrutura e os elementos fundamentais dun texto narrativo. -Elaboración de textos propios con posible participación en certames literarios. -Ofrecer unha guía sobre material literario e creativo para seguir aprendendo, practicando e desfrutando. -Coñecer escritores e obras novas para traballar de xeito didáctico e divertido. -Impulsar e desenvolver a aprendizaxe e o perfeccionamento da lingua, desde a amplitude do vocabulario ao coñecemento da estrutura e as formas que constitúen o idioma, dun xeito moito máis atractivo para as rapazas e rapaces do habitual grazas ao fomento da escrita creativa. -Dar saída a ideas, pensamentos e emocións persoais que necesiten sen expresados.
Outras informacións: Duración as 9 semanas do verán Pago mes a mes 55€/mes Pago único curso completo 100€
Descrición: Breve introdución ao obradoiro e á escrita creativa. Por que os humanos temos a necesidade de escribir? A escrita é un proceso de revisión continuo: non todo sae ben á primeira. Exemplos do que era e do que rematou sendo.
Descrición: Sobre que che gustaría escribir? Cal é o mellor xeito de poñelo no papel? Novos tipos de literatura: a 2.0. Poesía na rede e os fíos en Twitter. Pode ser unha canción literatura? Véxase Poetarras.
Descrición: Onde e cando localizar a historia. Tempo da historia e tempo do relato/narración. Disposición gráfica do texto. Capítulos, partes, episodios...