Ampliar o colapso do bloque / Iniciar sesión
Nome de sesión
Contrasinal
 
Ampliar o colapso do bloque / cursos seleccionados
Non se encontraron datos
 
Ampliar o colapso do bloque / Información do curso "Obradoiro de escrita e tradición literaria galega"
Descrición: Un paseo pola historia da literatura galega dende a súa xénese ata a actualidade.
Este obradoiro pretende dotar de coñecementos básicos sobre a tradición literaria galega e, mediante a lectura, reflexión e o coñecemento dos textos literarios, chegar ás técnicas, recursos e principais características que os compoñen. Alén de proporcionar unha visión panorámica do contexto histórico, os movementos culturais e as correntes ideolóxicas que determinaron as diferentes tendencias literarias.
Persigue, tamén, fornecer ao alumnado de ferramentas para a correcta escrita en lingua galega e dotalo dos medios precisos para a creación de textos orixinais (especialmente enfocados ao ámbito literario) aplicando ás técnicas e recursos que se traten durante o curso.
Outras informacións: Duración 3 meses
Pago mes a mes 55€/mes
Pago único curso completo 140€
Método de aprendizaxe: O obradoiro mesturará bloques teóricos e prácticos con correccións personalizadas e titorías quincenais durante un período de tres meses.
Idioma: Galego
O curso comeza no: 15 Outubro 2018, 20:00
O curso remata no: 14 Xan 2019, 20:00
€140,00 Engadir ao carro