Ampliar o colapso do bloque / Iniciar sesión
Nome de sesión
Contrasinal
 
Ampliar o colapso do bloque / cursos seleccionados
Non se encontraron datos
 
Ampliar o colapso do bloque / Información do curso "Obradoiro de iniciación á poesía"
Descrición: A mellor maneira de convertese en escritora ou escritor é escribir. E o mesmo pode dicirse da poesía. O de poeta é un oficio de práctica no que a inspiración ten un papel menos importante do que se adoita pensar. Para iniciarse na escrita poética e atopar a nosa propia voz, podemos fornecernos de recursos que nos axuden a traballar e sacar adiante un texto, mesmo cando as musas non nos acompañen. Estes recursos adoitan ser propios de cada autora ou autor e normalmente adquírense ao longo dos anos e as experiencias pero, aínda así, hai moitas cousas que se poden aprender. Porque aprender é o outro piar básico para escribir e, sobre todo, avanzar, evolucionar.

Para aprender literatura ou sobre literatura abonda con ler. Así que escribir e ler é o que che propoñemos neste obradoiro, que pretende dotar ao alumnado de ferramentas, técnicas e coñecementos para escribir poesía. Para iso deterémonos en poetas e movementos clave da literatura galega cos que aprenderemos os recursos estilísticos, formais e temáticos propios do xénero. Relacionar os coñecementos técnicos con poetas concretos e o seu contexto daranos tamén unha idea global das múltiples facetas da lírica. Veremos como hai características do xénero traspasan tempos e estilos. E como podemos valernos de todos eses elementos na procura da nosa propia poética.
Outras informacións: Duración 3 meses
Pago mes a mes 55€/mes
Pago único curso completo 140€
Método de aprendizaxe: Desenvolvemento do curso
Cada quincena terás acceso a breves capítulos de contido teórico que tratarán sobre unha época, movemento ou autor/a e das ferramentas e técnicas de escrita vinculadas co tema. Tamén se che propoñerá unha lectura relacionada, non necesariamente froito da época na que nos detemos, pero si ligada con algún dos contidos da unidade. Finalmente recibirás unha proposta de exercicio que se corrixirá e comentará persoalmente ao final da quincena.
Idioma: Galego
O curso comeza no: 15 Abril 2018, 20:00
O curso remata no: 14 Xullo 2018, 20:00
€140,00 Engadir ao carro
Idioma: Galego
Profesorado: Maria Lado
Unidades: 1
Contido da lección
Descrición: 2.1 Teoría: O poema sen o papel. A poesía popular vs. os poemas populares. Achegamento a formas da poesía oral de todos os tempos. Recursos e metros relacionados. A metáfora, o silencio, o implícito e o explícito.
2.2 Historia: O Rexurdimento na literatura galega. O papel central da lingua. As mulleres na literatura do tempo.
2.3 Personaxe: Rosalía de Castro e o seu traballo en Cantares Galegos.
2.4: Lectura recomendada.
2.5 Práctica.
Idioma: Galego
Profesorado: Maria Lado
Unidades: 1
Contido da lección
Descrición: 3.1 Teoría: O poema narrativo. Outros tipos de poemas. Recursos relacionados. A incorporación do mítico á nosa poética persoal. A escrita a través da imaxe. Canles para publicar.
3.2 Historia: As irmandades da Fala e Nós. A creación dun corpus literario e a súa difusión.
3.3 Personaxe: O lirismo das Cousas de Castelao.
3.4: Lectura recomendada.
3.5 Práctica
Idioma: Galego
Profesorado: Maria Lado
Unidades: 2
Contido da lección
Descrición: 4.1 Teoría: A poesía como xogo e ruptura. A linguaxe da poesía e os soportes do poema. Poesía e outras artes.
4.2 Historia: As Vangardas en Galicia. Manifestos e outras innovacións das vangardas literarias
4.3 Personaxes: Grupos literarios herdeiros das vangardas.
4.4: Lectura recomendada.
Idioma: Galego
Profesorado: Maria Lado
Unidades: 1
Contido da lección
Descrición: 5.1 A poesía como arma social. O eu poético e o receptor. A colocación da mensaxe no poema. Os paratextos e o seu aproveitamento.
5.2: Historia: A poesía da Guerra Civil, o exilio e a posguerra. Mulleres poetas deste tempo
5.3: Personaxe: As moitas voces de Méndez Ferrín.
5.4: Lectura recomendada.
Idioma: Galego
Profesorado: Maria Lado
Unidades: 1
Contido da lección
Descrición: 6.1 A poesía das cousas pequenas e a lingua cotiá. A metaliteratura. O humor na poesía. Utilización creativa das referencias literarias. Poesía en voz alta: experiencias e recursos para a comunicación da poesía
6.2 Historia: Poetas e grupos dos anos 90 en diante. A poesía escénica
6.3: Personaxes: Voces poéticas de hoxe.
Idioma: Galego
Profesorado: Maria Lado
Unidades: 1
Contido da lección
€140,00 Engadir ao carro