Ampliar o colapso do bloque / Iniciar sesión
Nome de sesión
Contrasinal
 
Ampliar o colapso do bloque / cursos seleccionados
Non se encontraron datos
 
Ampliar o colapso do bloque / Información do curso "Obradoiro de novela intuitiva"
Descrición:

Escribe a túa primeira novela curta.

Todos os presos da escrita levamos un demo dentro, unha voz que nos bisba a cada paso, que en cada situación da nosa vida nos insinúa polo baixo que “isto podería ser un relato”. Todos eses presos desbotamos unha idea cada día, un conto que non chega a bicar o papel cada xornada, centos de historias ó ano.
De cando en vez, algúns deses relatos volven a aparecerse, e algún incluso, nos visita coa frecuencia do carteiro ou do cobrador. Aí tomamos nota, rascamos celulosa ou abrimos un apuntamento no móbil. Imaxinamos tempos, mundos, motivos e consecuencias. Caemos na conta de que esa historia non é tan micro; de que a narración que empezamos a semana pasada non vai a quedar tan curta; de que as personaxes se nos rebelan coma fillos malcriados, e que prefiren devorar as súas propias decisións, cometer os seus erros e aprender ou morrer con eles. Entón si, entón sufrimos para deixalos marchar e regalalos ó mundo, para perdelos por sempre, para quedar espidos agardando a que un día volvan a nós. Pero non volverán. Marcharán mundo adiante e falarán de nós ós estraños, ós descoñecidos. Diranlles cousas que nunca dixemos e describirán coa precisión dun cadro o noso interior. Pintarán o silencio coas paisaxes emocionais do noso universo. E iso tampouco poderemos controlalo.
Se todo iso é o que nos vai pasar sen que poidamos evitalo, preparémonos un pouco. Acicalémonos, aderecémonos, enfeitémonos, poñamos as nosas mellores galas para partir nesta viaxe infinita que será sempre a nosa primeira novela.

Apetéceche a aventura?

Se a resposta é si, percorreremos xuntos o camiño da túa primeira novela acompañados pola miña primeira novela, A senda de sal, gañadora do XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz de Galicia e publicada por Editorial Galaxia.

Obxectivos:

O obxectivo deste curso será a escrita dunha novela curta de aproximadamente 60 páxinas (90.000 caracteres) partindo dun nivel principiante e rematando nun documento que se poida presentar a concurso.

Avaliación:

Faráse unha análise inicial da alumna ou alumno, que mandará un primeiro relato introductorio. Del apañaranse as fortalezas e debilidades (tods temos debilidades), así como aqueles puntos que se teñan que potenciar ou reforzar durante o proceso de escrita.
Como resultado de cada tema, produciránse 10 páxinas que se corrixirán e prepararán para formar parte do conxunto total da novela curta.

Temas:
Os temas a tratar serán os seguintes:

0. CONTACTO. Mándame o teu mellor relato.
1. ALGO QUE CONTAR. Historia e mensaxe. Mapa ou compás? Perfila a túa novela en catro pasos.
2. PERSOAS. Entender e construír personaxes principais e secundarios.
3. MUNDO. Como idear e desenvolver o escenario axeitado.
4. TEMPO. Histórico, meteorolóxico e literario. Entorno, estilo e ritmo.
5. ACCIÓN. Desenvolvemento da trama. Estructura e trucos.
6. CICLO. Pon bonita a túa novela. Corrección, perfeccionamento, impresión.

Outras informacións:
Duración 6 unidades (aprox. 1 unidade por mes)
Pago unidade por unidade: 65€/mes
Pago único curso completo 350€

Método de aprendizaxe:

Percorreremos o camiño xuntos, á túa velocidade.
Cada mes terás acceso a breves capítulos de contido teórico que tratarán sobre cada unha das claves, ferramentas e técnicas de escrita vinculadas co tema. Leremos fragmentos de A senda de sal ligados con algún dos contidos da unidade onde verás a aplicación práctica deses trucos.
Finalmente recibirás unha proposta de exercicio que se corrixirá e comentará persoalmente ó final do tema e que constituirá unha sexta parte do traballo final.
O obxectivo final será que, ó final do proceso, teñas no teu poder a túa primeira novela curta; e que a poidas presentar a concurso ou incluso publicar se che xorde a oportunidade.

Idioma: Galego
O curso comeza no: 15 Abril 2018, 20:00
O curso remata no: 14 Outubro 2018, 20:41
€350,00 Engadir ao carro
Idioma: Galego
Profesorado: Fran Fernandez
Unidades: 1
Contido da lección
Descrición: Historia e mensaxe.
Es de mapa ou de compás?
Perfila a túa novela en catro pasos.
Idioma: Galego
Profesorado: Fran Fernandez
Unidades: 1
Contido da lección
Idioma: Galego
Profesorado: Fran Fernandez
Idioma: Galego
Profesorado: Fran Fernandez
Idioma: Galego
Profesorado: Fran Fernandez
Idioma: Galego
Profesorado: Fran Fernandez
Idioma: Galego
Profesorado: Fran Fernandez
€350,00 Engadir ao carro